O QUE NOS MOVE
Nas últimas décadas os estudos cientícos constatan o importante descenso no seu uso, en parte, porque non hai medios, nin ferramentas que estimulen, apropiadamente a súa normalización.
Dende AMEGA queremos contribuir a que o idioma propio de Galicia adquira ese rango social de normalidade.
O galego non é un obstáculo para comunicar cun público consciente e amplo. Por iso queremos reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común. Un espazo que promova novas fórmulas de presenza da lingua e cultura galegas en Europa e no mundo e antes de nada en Galicia.
Unha sociedade de seu non pode permitirse o luxo de darlle as costas a unha herdanza de centos de anos.
As campañas de promoción do galego impulsadas polos medios en galego suscitaron un importante apoio cidadán, que demostrou a sensibilidade existente na sociedade galega a respeito destas cuestións. Por iso, parte dos medios que participamos nesas iniciativas, decidimos agora constituirnos en asociación para favorecer a nosa visibilización.
OBXECTIVOS
AS NOSAS METAS
O IDIOMA
Garantir a pervivencia da nosa lingua así como a
dignicación do xornalismo en galego.
PRESENZA
Contribuir ao proceso de asentamento do sector
dos medios en galego fomentanto a súa presenza pública de xeito individual ou conxunto.
CAMPAÑAS
Desenvolver accións, eventos e campañas de sensibilización tendentes a visibilizar na sociedade a existencia dos medios de comunicación en galego.
CONSOLIDAR
Consolidar un espazo de comunicación en galego que responda ás necesidades actuais e de futuro.
IGUALDADE
Promover iniciativas lexislativas e administrativas de igualdade no sector como a creación dunha Lei de Publicidade Institucional que teña en conta todo o espectro dos medios.
PROFESIONALIZACIÓN
Contribuir á profesionalización do sector de xeito que as empresas se doten de estruturas sólidas que garantan a proxección de cada medio conseguindo a independencia económica, sostén imprescindíbel da liberdade de prensa.
Servizo de Streaming ofrecido por K12 Comunicación
AMEGA TV
CONTACTO
QUERES CONTACTAR CON NÓS