lingua

AMEGA une forzas con Dinahosting e PuntoGal para promocionar o uso da lingua na rede

A Asociación de Medios en Galego, Dinahosting e PuntoGal unen esforzos neste mes de maio de 2022. Únense nunha campaña para apoiar a lingua galega e o uso da mesma na rede. Un xeito de facela útil, de facela máis digna.

A campaña permitirá que as persoas que se fagan suscritoras entre o 17 e o 31 de maio dalgún dos medios participantes (que teñan canle de suscrición), recibirán totalmente de balde un dominio .gal e o aloxamento dese dominio durante un ano. Un agarimo que está valorado en máis de 170 euros.

Contexto

Queremos aproveitar sinerxias para promover máis eficazmente o uso e presencia da lingua galega neste mundo globalizado e dominado polas novas tecnoloxías.Internet aumenta a súa penetración na sociedade. No Estado español, neste 2022, o 85,3% da poboación accede á información a través da rede. Por iso, a colaboración das tres entidades pretende contribuir a unha maior e mellor presencia do idioma galego nese novo mundo que xa é unha realidade. Extendendo os dominios .gal estaremos a fortalecer a comunidade galega, aumentando a base social dos medios en galego tamén contribuimos a unha maior fortaleza da lingua e reforzando as empresas galegas das novas tecnoloxías facemos músculo galego.

Participantes.

A lista de medios que participan nesta campaña son:

Nós Diario

Radiofusión

Tempos novos

Praza.gal

Luzes

O Sil

Revista Mazarelos

Código cero

O Barbanza

Nós TV

Ademais, apoian a campaña promocionando os seguintes medios (que non teñen suscrición): GCiencia, GaliciaConfidencia, Revista AMSGO, As Nosas, EntreNós Dixital, Revista Zona Press, Xente de Teo, Quepasanacosta, Ollaparo, Revista Pincha, Radio Estrada, Radio Fene, Lindeiros, A Trabe de Ouro, Novas do Eixo Atlántico, Foro A Peneira, Revista INviable e A Voz de Vilalba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *