Xeral

O Día dos Medios en Galego 2021: #Moitoquesachar

Para os 35 medios da AMEGA, e os máis de 100 medios en galego, todos os días son o Día dos Medios en Galego. Pero a celebración desta data sérvenos para pararmos a visibilizar a importancia das nosas cabeceiras para a nosa lingua.

Como cada 7 de febreiro, dende o 2018, cando o Parlamento Galego aprobou por unanimidade a celebración desta data, vimos realizando diferentes actos culturais. En 2018 foi en Fene, en 2019 en Pontevedra, e en 2020 en Carballo.

Este 2021 vai ser unha celebración singular. Por motivos evidentes, vaise desenvolver por streaming, en clave de #LateNight. Unha oportunidade, en todo caso, para amosarnos ao mundo.
Confirmaremos a data de celebración e emisión en canto sexa posible.

Mentres, comezamos a conta atrás para o 7 de febreiro, porque aínda queda… #Moitoquesachar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *