Día das Letras Galegas

 A Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal unen esforzos polo Día das Letras Galegas e de Internet

No mes da conmemoración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (mediosengalego.gal), a provedora de servizos dinahosting (dinahosting.com) e PuntoGal (dominio.gal) unen esforzos para apoiar o uso da lingua na rede a través da iniciativa Subscríbete ao galego.

Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se fagan subscritoras dalgún dos medios en galego participantes na campaña recibirán totalmente de balde un dominio .GAL e o aloxamento para a súa web durante un ano. Este agasallo está valorado en máis de 170 euros.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter ata o 30 de xuño o seu hosting e dominio gratis.

“Unha oportunidade para unir forzas e mostrar a utilidade da nosa lingua na rede”, sinala o presidente da AMEGA, Pablo García (Radio Estrada) no marco do seu 10º aniversario.

O porqué de Subscríbete ao galego

Nun mundo tan globalizado e marcado polo emprego da tecnoloxía, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal queremos contribuír a un maior uso da lingua na Internet.

Un dominio .GAL e un hosting web de balde permitiranlles ás persoas beneficiarias gozar dunha conta de correo profesional co seu propio nome de dominio, ou iniciar o seu proxecto web sen necesidade de facer ningunha inversión inicial. É un xeito de impulsar a comunidade de creación de contido en galego e de fomentar a normalización do idioma en todos os ámbitos.

Ao mesmo tempo, esta campaña supón un reforzo para cada un dos [nº] medios que participan, pois aportarlle valor engadido ás persoas que queiran subscribirse é a mellor forma de seguir gañando base social e de que os medios galegos gañen peso.

Os medios con suscrición que participan nesta campaña son:

Nós Diario

Tempos novos

Praza.gal

Luzes

Revista Mazarelos

Código cero

Nós TV

A Trave de Ouro

Radiofusion

Ademais, apoian a campaña os seguintes medios (que non teñen suscrición), GCienciaGaliciaConfidencialQuepasanacostaRevista Pincha, Revista Inviable, Radio Estrada, LindeirosNovas do Eixo AtlánticoXornaldaCoruña e O Barbanza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *