Xeral

A Coruña celebrou con música o Día dos Medios en Galego

Volveu a AMEGA escoller a Coruña para celebrar o pequeno festival no marco do Día dos Medios en Galego. Este mesmo 7 de febreiro, data escollida pola entidade para lembrar a primeira publicación feita en galego (O Tío Marcos da Portela, 1876), o Playa Club acollía o doble concerto de dúas bandas galegas.

Antes da música, representantes da AMEGA, o Secretario Xeral de Política Lingüística e as artistas de Leria e A Banda da Loba presentaron o festival reivindicando a necesidade e o papel dos medios en galego no proceso de normalización.

As primeiras en saltar ao escenario foron as herculinas Leria. A banda emerxente, a base de sons frescos e guitarreiros e dunha posta en escena moi entregada, demostraron que en moi pouco tempo estarán na primeira liña da nova onda da música galega contemporánea.

Somos Leria no Playa Club polo Dia dos Medios en Galego

A Banda da Loba ofreceu tamén un espectáculo moi completo cunha marea de ritmos diferentes, e puxeron o peche cun Fabricando Luz xa convertido en himno nacional que cantou todo o Playa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *