Xeral

Pola salvación do Museo do Pobo Galego

Bo exemplo é o Museo do Pobo Galego para describir o estado da cultura galega. Síntomas de crise, síntomas de fame, nestes tempos nos que as institucións culturais son vítimas dos recortes provocados por unha visión da cultura como algo secundario.
O Padroado do Museo, consciente de que os socios e socias constitúen a súa base social, considera preciso “reforzar o museo como institución de toda a sociedade galega como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo”.
Nesa liña arrincan cunha campaña de ampliación de socios, coa intención de alcanzar 500 novas inscricións para finais de 2014.
E aí, a rede da Asociación de Medios en Galego quere poñer o seu grao de area e apoia á campaña cunha acción informativa conxunta.

Da importancia de cada socio

Si coas súas cotas a contribución ao mantemento económico é importante non o é menos a súa función de inserir o museo na sociedade galega, dándolle a vez pluralidade, independencia e fortaleza coma institución.
Así, o reforzamento do Museo do Pobo Galego só pode vir dunha maior implicación na sociedade galega a través dos socios e socias, polo que canto maior sexa o seu número e a súa participación na vida do museo, máis se conseguirá un museo forte, independente e plural, un museo máis “noso”.

Suma un socio, multiplica o teu apoio

A Campaña de Ampliación de Socios inclúe unha flexibilización dos pagos, para facer máis fácil o achegamento de novos socios.
Están a habilitar unha ferramenta para a solicitude en liña. Mentres tanto, o boletín de inscrición pódese descargar en .pdf no navegador ou solicitalo ao correo electrónico socios@museodopobo.com.

Máis información

Fonte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *