Rianxo: “Descalciña pola area” gaña o certame de fotos da campaña “Móllate polo galego”
- O segundo premio corresponde a unha imaxe con dous nenos do colexio Brea Segade que se enfundaron nunha camisola de “Móllate polo galego”
- O terceiro premio vai para a imaxe dos azulexos nos que se le “Villa de Rianjo. Partido de Padrón. Provincia de La Coruña” cunha camisola de “Móllate polo galego” como contraste nunha percha Os autores das imaxes terán que escribir a redaccion@certo.es para identificarse e seguir as instrucións para reclamar o premio
Descalciña pola area. O xurado escolleu esta foto polo gran simbolismo que contén. O título da foto é unha frase de todo un himno de celebración, “A Rianxeira”, e tamén quere amosar o compromiso da vila de Rianxo pola lingua galega, que aínda hoxe anda “descalciña pola area”, polo que hai que mimala e coidala.
Entrada de A Pousadoira, en Callobre, Miño. Lugar ideal para coñecer as impresionantes Fragas do Eume
No Brea Segade mollámonos polo galego. O xurado escolle esta foto pola creatividade e simpatía amosadas, así como polo esforzo demostrado ao rodear o lema central da campaña “Móllate polo galego” de material didáctico na lingua de Rosalía.
Informática Castelao (rúa Roxelius 7, baixo, en Rianxo) é tenda de informática e centro de formación
Azulexos na entrada de Rianxo. O xurado escolle esta imaxe pola evidente denuncia que se fai dunha situación que non se deu corrixido en décadas, a pesares da Lei de Toponimia ou mesmo da de Memoria Histórica.
O restaurante O Furancho está detrás da Igrexa en Rianxo
Os medios de Vitaminas para o galego agradecen, unha vez máis, o patrocinio do Concello de Rianxo para esta campaña, así como a colaboración de A Pousadoira, Informática Castelao e O Furancho. Tamén queremos salientar a alta participación de concursantes, aos que felicitamos polo seu inxenio e pola promoción tan destacada da vila de Rianxo e das súas belezas.