Día dos Medios en GalegoMedios en Galego

Unha mención para os medios da AMEGA presentes no #DíadosMediosengalego

Queremos facer unha mención especial a todos os medios da AMEGA que participaron esta pasada fin de semana na celebración do #DíadosMediosenGalego. Unha cita desenvolta en Ourense para celebrar os 150 anos da primeira publicación feita integramente en galego, que nacía en 1876 precisamente en Ourense da man de Valentín Lamas Carbajal, e que precisamente pon a data da celebración do Día dos Medios en Galego, gracias á aprobación, por unanimidade no Parlamento en 2015 gracias á nosa iniciativa.

Rescatamos de esquerda a dereita cada un dos representantes dos nosos medios presentes no acto:

– Xosé Hermanager, do Xornal de Lemos
– Xurxo Salgado, de Galicia Confidencial
– Yuri Carrazoni, do Nós Diario
– Santi Veloso, de Ponte nas Ondas
– Xosé María Cendán, de TVE Eume
– Henrique Sanfiz de Radiofusión
– Armando Cascón, de Radio Arzúa
– Tamara Novoa, de Amovida.gal
– Fernando de Paz, de Tempos Novos.
– Germán Estévez, de Radio Allariz.
– Miguel Rodríguez, de Mazarelos.
– Rebeca Munín, da Revista Pincha.
– Ubaldo Cerqueiro, de Quepasanacosta e XornaldaCoruña
– Miguel Facal e Jorge Delgado Briceño, de CUACFM.
– Xosé Manuel Pereiro Sánchez, de Luzes e do Colexio de Xornalistas..
– Iván Iglesias, de Ouké!

E tamén estiveron Laura Filloy e Alejandro Dopereiro Domínguez, de GCiencia; e Diego Frei de NósTv.
Agradecementos especiais tamén a Sofía Naseiro Lamas do Obradoiro Dixital Galego e Rosario Álvarez do Consello da Cultura Galega, e María Núñez de Markea.

Así que, gracias por formar parte da AMEGA, que neste 2026 pegará un salto importante!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *