Medios en Galego

A Asociación de Medios en Galego, moi presente no Culturgal

Entre as máis de 200 actividades e 800 artistas, a XIX de Culturgal, que se desenvolve esta fin de semana do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, conta cun posto propio da Asociación de Medios en Galego.

O “lugar de encontro de todas as culturas galegas” é un espazo ideal para poñer en valor os 59 medios que formamos a AMEGA e os máis de 140 medios que comunicamos na nosa lingua.

AMEGA no Culturgal 2
AMEGA no Culturgal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *