Día dos Medios en GalegoFestivallingua

De Ninghures e Fillas de Cassandra levaron a festa da música galega á Coruña

O festival de música polo Día dos Medios en Galego resultou un rotundo éxito. A cidade da Coruña vibrou coa revolución da música galega contemporánea, enchendo a Sala Inn e demostrando que as bandas do país son presente e futuro.

A banda De Ninghures abriu o seu catálogo bergantiñán e case caribeño facendo vibrar ao público, e demostrando unha perfecta sintonía coas Fillas da Cassandra, que non dubidaron en subir ao escenario e compartir temas.

Imaxe do concerto de De Ninghures

MaríaSOA e Sara Faro, que gozaron do concerto dos seus compañeiros entre o público cunha naturalidade fantástica, e como unhas siareiras máis, volveron demostrar que son unha auténtica revolución musical. Fixeron tremer a sala co seu último disco, “Últimas Dionisíacas”, e tamén cos seus xa himnos “Varre Vasoira” ou “Lisístrata”.

Este evento, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Deputación da Coruña, enmárcarse no programa de actividades do #DíadosMediosengalego, que remata este sábado 24 co roteiro pola historia da #prensaengalego na mesma cidade herculina.

Fillas-de-Cassandra-no-Festival-dos-Medios-en-Galego
Imaxe do concerto de Fillas de Cassandra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *