Xeral

A AMEGA presente no Curso de Verán da USC en Carballo

Carballo volverá ser a sede de referencia para o deseño e a análise das políticas de futuro do idioma coa celebración do XIX Curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en Lingua, que este ano leva por título Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización.

Esta décimo novena edición, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC) en estreita colaboración co Concello de Carballo e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, celebrarase os días 7 e 8 de xullo no Fórum Carballo, e centrarase en examinar, desde unha rigorosa perspectiva histórica, a evolución das políticas e normativas vinculadas á promoción do galego desde a implantación da monarquía parlamentaria.

A AMEGA estará moi presente para arrincar a xornada do mércores 8 de xullo. A primeira mesa redonda do día rondará sobre os “Medios en galego: do impacto inicial á situación actual”, que servirá para avliar a situación actual do galego na prensa dixital e impresa con directores de medios como Rebeca Munín (da revista Pincha, e vicepresidenta da AMEGA), María Obelleiro (Nós Diario), Xurxo Salgado (Galicia Confidencial; socio fundador da AMEGA) e Ubaldo Cerqueiro (Que pasa na Costa, e secretario actual da AMEGA), os catro medios pertencentes á AMEGA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *