Subscríbete ao galego

Subscríbete ao galego: PuntoGal, Dinahosting e a Asociación de Medios en Galego celebran un ano máis o xornalismo na nosa lingua

Neste mes de maio e, con motivo do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (mediosengalego.gal), a provedora de servizos dinahosting (dinahosting.gal) e PuntoGal (dominio.gal) unen esforzos para apoiar o uso do galego nos medios de comunicación a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.

Dende o 17 de maio ata o 31 do mesmo mes, as persoas que se subscriban nalgún dos medios participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter o seu hosting e dominio gratis ata o 30 de xuño.

Razóns deSubscríbete ao galego

Nun contexto cada vez máis global e profundamente condicionado polo uso das tecnoloxías dixitais, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal unen esforzos para promover unha maior presenza da nosa lingua na Internet.

A través desta iniciativa, as persoas beneficiarias poderán acceder gratuitamente a un dominio .GAL e a un servizo de hosting web, o que lles permitirá dispoñer dunha conta de correo profesional co seu propio dominio e poñer en marcha o seu proxecto web sen afrontar custos iniciais. Trátase dunha oportunidade para impulsar a creación de contidos en galego e avanzar na normalización do idioma tamén no ámbito dixital.

Ao mesmo tempo, esta campaña contribúe a fortalecer os medios participantes. Ofrecer valor engadido ás persoas que decidan subscribirse é unha fórmula eficaz para ampliar a base social e reforzar a presenza e a relevancia dos medios en galego.

Os medios con subscrición que participan nesta campaña son:

Medios sen subscrición que participan na campaña son: 

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.700 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre Dinahosting

Dinahosting leva máis de 20 anos ofrecendo solucións para todo tipo de proxectos web, dende as páxinas máis sinxelas ás infraestruturas online máis esixentes. O noso equipo humano e a nosa aposta polas tecnoloxías de última xeración permiten responder aos clientes na maior brevidade e en todo momento. Ademáis é un único rexistrador autorizado por ICANN en Galicia para a venda de dominios. Para saber máis: dinahosting.gal

Sobre AMEGA

AMEGA nace no 2013 cos principais obxectivos de defender os intereses dos seus asociados favorecendo así o fortalecemento dos medios de comunicación en galego, contribuíndo ao proceso de asentamento do sector e á consolidación dun espazo de comunicación en galego, fomentando a súa presenza pública, tanto individual como conxunta.
Máis información en mediosengalego.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *