Día dos Medios en Galegolingua

AMEGA publica un completo informe con medidas concretas para potenciar o uso do galego

A AMEGA, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, lanza un Informe para a creación dunha proposta de medidas para a Promoción da Normalización do galego.

O presente informe ten como obxectivo servir de base para identificar e compilar unha serie de medidas concretas para potenciar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos da sociedade. Este traballo enmárcase na vontade de promover a normalización lingüística e fomentar o recoñecemento do galego como un elemento esencial da nosa identidade cultura l e social.

Para a súa elaboración, realizouse un exhaustivo traballo de campo baseado na recollida de información mediante entrevistas a persoas representativas de diferentes ámbitos: cultural, educativo, empresarial, asociativo, mediático, deportivo, entre outros. O enfoque metodolóxico consistiu en promover unha reflexión inicial sobre a situación actual da lingua galega, para a continuación afondar na identificación de propostas específicas que permitan avanzar na súa normalización e prestixio.

A diversidade de perspectivas e experiencias recollidas nas entrevistas permite ofrecer unha análise ampla e enriquecida, orientada a deseñar accións que respondan ás necesidades e desafíos do contexto actual. Este documento estrutúrase en diferentes seccións que resumen as reflexións principais e detallan as medidas propostas polas persoas entrevistadas, co fin de servir como base para futuras iniciativas e proxectos no ámbito da normalización lingüística.

DESCARGAR INFORME

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *