Xeral

Pandemia de recursos online en galego para pasar a corentena en familia

Xa levamos unha semana confinados nas casas. Unha situación absolutamente inimaxinable hai un mes, pero que nos obriga a ocupar o tempo como sexa. Nesta era dixital son moitos os contidos que nos aporta a rede para ocupar as horas, e queremos facer unha pequena colleita.

Se tendes criaturas é mellor non pasar demasiado tempo diante dunha pantalla, polo que tamén convén sacar xogos míticos como o parchís, o xadrez, as damas, o #hundirlaflota… Pero para cumplir o #QuedanaCasa seguro que moitas destas cousas, en galego, veñen estupendamente para as famiias:

Xa teñen feito as súas boas colleitas @s compañeir@s de CulturaGalega.org, Nós Diario, Praza e Vinte ou Galicia Confidencial. Aquí unimos forzas:

Aulas Galegas

O proxecto Aulas Galegas está sendo unha das iniciativas máis traballadas. Un colectivo de mestr@s de todo o país están facendo unha guía online de verdadeira categoría para que as nais e os pais intentemos facer de profes estes días do #ColenaCasa. Seguro que ao remate desta corentena a sociedade valora moito máis a vosa profesión.

Unha marea de Recursos, orientados por niveis e por materias; curtas feitas nas aulas, información sobre a Atención á diversidade

KalandrakaTV: Contos contados e outros recursos

Non hai mellor cousa que contar un conto en vivo e en directo, pero para que os maiores aprendamos a contalos, nada mellor que ver un dos contos contados que ten na súa nova web a editorial galega. As súas reportaxes tamén son interesantísimas.

Pandemia de contos do Colectivo NOGA

Fermosa a proposta do Colectivo de Narración Oral de Galicia, esta #Pandemiadecontos que nos serve para ir de contacontos dende o noso sofá. Caxoto, Avelino González

Festival Atlántica: O Conto non para

Tamén en clave de contos, o Festival Atlántica: O Conto non para trae xoias contadas de Celso Sanmartín, Sandra Araguas ou Dani Blanco:

Da miña casa á túa

Variada colleita de contidos feita polos nos@s artistas, como Víctor Grande:

Risas na rede

Xosé A. Touriñán e David Perdomo están quedando ás 23:00h para facer un vídeo en directo doble dende as súas casas… Tremendossss. View this post on Instagram

Grazas @rupriet

A post shared by Xosé A Touriñán (@touri) on Mar 18, 2020 at 6:17am PDT

Ciclo de música dende o Sofá

Marabilloso proxecto de concertos dende a casa de varios artistas do país como Abe Rábade, Diana Tarin, Ugia Pedreira, Margarida Mariño…

Concertos dos Irmáns Maceiras

Diego e Alberto Maceiras ofrecen os seus concertos de acordeón todos os días dende Fene:

#CorentenaLiteraria

Cos cancelos #CorentenaLiteraria e #Euquedonacasa e da man de Diego Giráldez, columnista de Praza, temos unha marea de contidos literarios con xentes como Iolanda Zúñiga, Iria Collazo, Antonio García Tejero ou María Xosé Porteiro.

#CulturaenCasa #CorentenaLiteraria pic.twitter.com/8W3XIUwakP— kokorodeirene (@kokorodeirene) March 16, 2020

Filmes en aberto

Temos varias produtoras que puxeron en aberto estes días os seus traballos:

Vía Láctea acaba de poñer en aberto a súa peli A Esmorga Fime

A ESMORGA – Versión Orixinal from Vía Láctea Filmes on Vimeo.

O eslabón perdido

O documental sobre percebes e boulder, de Pablo Cés, completo na rede:

Penumbria

A Agencia Curtas Metragem portuguesa comparte o documental Penúmbria, que recolle o declive poboacional de Muxía.

Penúmbria from Curtas Metragens CRL on Vimeo.

O arquivo da AELG

Podedes pasar polo arquivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e ollar os milleiros de contidos na nosa lingua.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *