lingua

AMEGA traslada aos expertos do Consello de Europa as demandas lingüísticas

Xunta e estado incumpren as indicacións do Consello de Europa sobre o galego. Unha delegación
galega reuniuse co comité de expertos da Carta Europea das Linguas Minorizadas. A institución europea
recomenda eliminar as limitacións ao ensino en galego en todos os niveis. Os representantes da
Asociación de Medios en Galego reclamaron maior transparencia nas axudas aos medios de
comunicación. Tamén pediron unha maior conciencia lingüística nas diferentes administracións.
Apelaron á cidadanía e a todas as forzas políticas considerando que a diversidade lingüística é un
patrimonio cultural da humanidade. Entregáronlle aos expertos sendos informes detallando a situación
da lingua galega en distintos ámbitos da sociedade.

Marcos Maceira e Elsa Quintás (A Mesa) Pablo García e Henrique Sanfiz (AMEGA) Henrique Costas
(Prolingua) e Natalia Jardón (Axuntar) compuxeron a delegación galega que se entrevistou cos
representantes europeos.
A Mesa pola Normalización Lingüística informou o comité de expertos da Carta Europea das linguas do
Consello de Europea do nivel de cumprimento deste tratado internacional que están infrinxindo a Xunta
e o goberno español. Acompañaron a principal entidade de defensa da lingua galega outros colectivos
polo galego como a Asociación de Medios en Galego (Amega), Prolingua e Axuntar (Eo-Navia).
Previamente, Amega e A Mesa mantiveron o mércores 17 de xaneiro de 2024 unha xuntanza con
representantes políticos galegos no Parlamento Español.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *