Bases certame de videos, podcast e regueifas

1. Obxectivos

Lograr un achegamento da mocedade á lingua galega e aos medios de comunicación. Mediante vídeos curtos ou podcast mostrar experiencias de mozos e mozas nas que se relacione o idioma galego e o mundo dos medios de comunicación.

2. Convocantes

A Asociación de Medios en Galego.

3. Persoas destinatarias

A convocatoria está dirixida á poboación nova de entre 12 e 30 anos de idade.

4. Obxecto

As persoas participantes no Concurso presentarán vídeos, podcast ou regueifas que, desde a visión da mocidade reflictan as súas experiencias arredor da lingua galega. Buscamos vídeos que:

Falen dunha experiencia coa lingua galega en positivo.

Dean unha visión alternativa e distinta ás mensaxes que estamos afeitos a  ler, ver e ouvir sobre o galego.

Teñan vontade de cambio ou de transformación social en canto á promoción do uso do galego

Transmitan mensaxes solidarias

Fican expresamente excluidos aqueles traballos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.

5. Modalidades

  Os traballos presentados serán individuais ou por aulas da ESO, Bacherelato ou Formación Profisional.

6. Extensión

Para favorecer á súa difusión en redes sociais os vídeos e podcast non deben durar máis de 4 minutos.

7. Prazo, presentación de traballos e votacións

Os traballos enviaranse por correo electrónico a mediosengalego@gmail.com

O formato dos vídeos debe ser compatible con Youtube.

 Cada vídeo deberá ir acompañado de nome e apelidos da persoa creadora, teléfono e correo electrónico de contacto, DNI, domicilio, breve descrición do vídeo e un título.

O prazo para a entrega de vídeos finaliza o 30 de setembro. En outubro  produciranse as votacións a través dun sistema establecido e posteriormente o xurado elixirá os vídeos gañadores.

O xurado elixirá os 4 traballos gañadores entre as 10 pezas máis votadas pola cidadanía polo sistema que se anunciará no seu momento. Valorará ás seguintes cuestións:

  • Utilización do humor
  • Calidade técnica e lingüística
  • Poder de persuasión
  • Claridade expositiva
  • Creatividade

8. Xurado

O xurado estará composto por persoas expertas no sector audiovisual que designará a Asociación de Medios en Galego.

9. Baremación

Se baremarán todos os traballos que se presenten e que cumpran os requisitos contidos nestas bases.

10. Premios

  • Primeiro Premio : 1000 euros en metálico e un dia de rodaxe coa produtora Vaca films para unha aula de ESO, Bacherelato ou FP (ou grupo de 5 persoas escollidas polo autor do video gañador)  en data a acordar.
  • Segundo premio: Unha tablet valorada en 300 euros.
  • Terceiro premio: Un móbil de última xeneración.

Premio especial: Para o traballo colectivo presentado por unha aula de ESO, Bacherelato ou FP. Unha cámara de gravación con micrófono..

11. Observacións

 A organización poderá requirir a colaboración das persoas premiadas para a difusión da experiencia.

 O premio ou premios pódense declarar desertos se o xurado o estima oportuno.

O feito de participar neste concurso supón a total aceptación das bases. Calquera imprevisto será resolto pola organización do mesmo.

A organización do concurso estará a disposición dos e as participantes para aclarar dúbidas e servirá de apoio na realización dos mesmos.

Os materiais presentados poderán ser utilizados pola Asociación de Medios en Galego nas súas actividades ou espazos de difusión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará