Xeral

O crowfunding das vitaminas

O proxecto “Vitaminas para o galego” comezou o xoves 22 de decembro a búsqueda de micromecenas a través da plataforma de verkami. As primeiras horas foron dun auténtico e sorprendente éxito xa que se atoparon en pouco máis de 3 horas,  8 micromecenas. O proxecto permanecerá en vigor durante 40 dias, ata finais do mes de xaneiro.
Galicia confidencial, Tempos Novos, Novas da Galiza, Radiofusión, Praza Pública, Ovalmiñor.info, quepasanacosta, certo.gl, cronica3 e O Sil, presentaron “Vitaminas para o galego” o pasado sábado  dia 17 no marco de Terractiva, Feira ecolóxica de Arzúa.
Agora no crowfunding
O crowfunding é unha forma directa de financiar proxectos coa suma de aportacións individuais. A páxina de verkami diríxese a creadores independientes que buscan financiación para materializar as súas ideas. O seu publico, convertido en mecenas, recibe recompensas exclusivas a cambio das súas aportacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *