Un Día polo galego, e polos medios en galego

Esa foi a reflexión de Manel Pardo, responsable do diario compostelán Lindeiros.gal, que pechou a celebración do Día dos Medios en Galego. Pardo, en nome da AMEGA, quixo reivindicar o papel necesario do xornalismo en galego, e fixo fincapé na necesidade de seguir loitando polo patrimonio inmaterial que supón a nosa lingua; pero que tamén temos que coidar a parte dos “medios”. “Nós xa falabamos das Tanxugueiras fai dous anos”, sinalou revindicando o papel de “medios de verdade” dos máis de 140 que temos no país comunicando en galego.

Ao seu carón tamén falaron, no acto de peche do Roteiro Compostela e a Lingua, coa que AMEGA celebrou a data, Marta Abal, a Concelleira santiaguesa, que deixou claro que o “50% do galego nas aulas Mon é suficiente”. A deputada de Normalización e Igualdade da Coruña, María Muíño, recoñeceu a “fazaña heroica” dos medios galegos, e tamén incidiu na perda de galegofalantes entre a mocidade, poñendo o foco nas administracións.
Pola súa parte, o Secretario Xeral dde Política Lingüística, Valentín García, quixo destacar a festa que simboliza ver que cada ano hai máis medios en galego. El tamén fixo referencia ás Tanxugueiras, deixando claro que non hai fronteiras para a lingua e a cultura galega, pero recoñeceu a perda de falantes malia que esteamos no momento no que a mocidade ten máis competencias para ler e escribir.

Os Quinquilláns
O recital poético-musical de Rosalía Fdez. Rial

Xusto antes do peche institucional, no mesmo edificio da praza de Cervantes que outrora fora o Concello, Rosalía Fernández Rial fixo un espectáculo poético-musical, no que unha vagha de mar invadiu o casco vello compostelán dende a Costa da Morte. A carballesa estivo acompañada por María Álvarez Santiago, que tamén toca o acordeón e pon ao música do CD que aparece no libro-CD de “Desnortada”.
Non sen antes, disfrutarmos da segunda actuación dOs Quinquilláns, que representaron a peza ‘Language Planning’, baseada nun dos relatos de ‘Made in Galiza’ de Séchu Sende. Seica lle roubaran a lingua a unha traballadora da TVG que recuperou gracias ao pan de Ousá, de Ribeira e de Cea.

Henrique Sanfiz, presidente da AMEGA, dando a benvida diante do Salón Teatro co icono de Roberto Vidal Bolaño

O percorrido do Roteiro, que tiña este ano por lema ‘Bota a lingua a pacer’, estivo acompañado do grupo de gaitas da Asociación Cultural Panaraiada. Arrincou no Salón Teatro, dedicado a Roberto Vidal Bolaño, precisamente cunha escena da súa obra “Doentes” representada pola mesma compañía, que serviu para conmemorar así o vinte aniversario so seu pasamento.

Bieito Iglesias diante da Facultade

Despois, o roteiro continuou na Praza da Universidade, no antigo Restaurante El Asesino, onde o filósofo Antón Baamonde describiu a importancia dos bares, e deses faladoiros que se artellaban aqueles necesarios faladoiros para combater as desigualdades.
O escritor Bieito Iglesias foi o encargado de vincular a relación entre a Universidade de Santiago de Compostela co galego, noutra parada que se realizou na Facultade de Xeografía e Historia. Houbo tamén unha visita ao Colexio de Santo Agostiño, onde a profesora Anxos García Fonte debullou a relación de Rosalía de Castro coa cidade, contando a importancia que tiveron aqueles 10 anos formativos na vida da nosa icona.

Antón Baamonde
Anxos Garcia Fonte

Foron intervencións, nunha fermosa mañá soleada, que deixaron ás máis de 50 persoas que se uniron ao roteiro, con gañas de saber máis.

Xa chegaron os gaiteiros da Asociación Cultural Panaraiada!!
A piques de comezar, dende o Salón Teatro, o Roteiro #CompostelaeaLingua do #DíadosMediosengalego! pic.twitter.com/vV3fGWz2jC— Asc.Medios en Galego (@mediosengalego) February 5, 2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará