A Coruña acolle un festival e un roteiro xornalístico
A Asociación de Medios en Galego AMEGA continúa co seu programa arredor do Día dos Medios en Galego. Un programa que nace lembrando a saída da primeira publicacición en galego, O Tío Marcos da Portela, un 7 de febreiro de 1876. Este 2024 cúmprese ademais o 175 aniversario do nacemento do seu promotor, Valentín Lamas Carbajal.
Esta semana hai días citas na Coruña.
O xoves 22, a Sala Inn acolle un Festival de música galega contemporánea coa presenza da banda De Ninghures, e a estrea do último dísco das Fillas de Cassandra, “Últimas Dionisíacas”. As entradas esgotáronse moi rápido.
A segunda será este sábado 24 de febreiro, cun Roteiro Xornalístico dirixido e presentado por Xurxo Souto, en colaboración coa A.C. Alexandre Bóveda.
- 12:00h, Campo de Marte: Xurxo Souto presenta e Ubaldo Cerqueiro presenta o Xornal da Coruña, primeiro gran xornal dixital exclusivamente en galego da Coruña e a súa área metropolitana
- 12:20, Oficina de Luzes: Xosé Manuel Pereiro
- 12:45, IES Zalaeta, ca imprenta do Hospicio. 1860 se imprime Vello Pico Sacro. Con Xoán Costa de Nós Diario.
- 13:00, Papagaio: Homenaxe a Luisa Villalta con Carmela Galego, e apunte con María Xosé Bravo (presidenta da AC Alexandre Bodeva) sobre A Nosa Terra.
- 13:30, Campo da Leña: Fin de recorrido con Tomas Legido CUAC FM