Compostela e A Pobra acollen sendos Roteiros da Memoria da prensa en galego
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebra o XI aniversario do Día dos Medios en Galego. Este día 7 de febreiro coincide coa saída da primeira publicación monolingüe en galego O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876.
Nesta nova edición, AMEGA formula unha serie de roteiros xornalísticos por diversas vilas do noso país, para restacar a “Memoria da prensa en galego”. Despois de comezar pola Estrada, este vindeiro sábado 17 de febreiro hai dúas citas marcadas no calendario, unha en Compostela e outra na Pobra do Caramiñal.