A mocidade #Movealingua polo Día dos Medios en Galego
Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra asaída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense ‘O Tío Marcos d’A Portela’.
Para celebralo, a Asociación de Medios en Galego, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, organizou nun ministestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga. Coas entradas esgotadas practicamente en dúas horas, a Sala Capitol acolleu un ambiente espectacular, no que se demostrou a conexión da rapazada coa música do país, feita na nosa lingua.
“Fai máis o que faga Ortiga ou Grande Amore no escenario que o que poidamos dicir todos os políticos sobre a lingua”, apuntaba ben Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística.
Grande Amore puxo a mover a lingua, e o esqueleto, ás 800 persoas que encheron a sala, cos seus ritmos electrónicos e as súas crúas letras. Ver á rapazada cantar a capela “esta pena que a veces teño” foi espectacular.
Ortiga, coa compañía de Xabi Cea, o seu alter ego de Boyanka Kostova, sacou a verbena a rodar, convertindo en cumbias grandes mitos da música popular galega, mesmo baixando a cantar co seu entregado público.
Como non podía ser doutro xeito, remataron compartindo escenario para o deleite da rapazada.
140 medios
O evento serviu ademais para que a mocidade da capital galega coñecese de primeira man a existencia de 130 medios que utilizamos a nosa lingua como vehículo. A AMEGA lanzou un vídeo promocional antes de comezar os concertos e os artistas lembraron sobre o escenario a data que celebramos.
Como previa, a Rede de Emisoras Municipais Galegas de EMUGA. Podedes escoitar aquí o podcast completo co programa especial e cos concertos completos.