FormaciónMedios en Galego

O Dia da Premsa Comarcal destaca os medios de proximidade como sustento da nosa democracia

Unha delegación da Asociación de Medios en Galego participou este mércores 28 de outubro no Dia da Premsa Comarcal. Organizado pola Associació Catalana de la Premsa comarcal (ACPC), supón un importante encontro para poñer en valor a prensa de proximidade como un motor principal na loita contra a desinformación e como sustento da nosa democracia.

Participaron no encontro un centenar de persoas das Asociacións de prensa local do estado: a ACPC e a AMEGA, e tamén a Associació dela Premsa Comarcal Valeciana, Associació Valenciana de Mijats de Comunicació, a Associació de Prensa Forana de Mallorca; Associación de Premsa Local de Menorca; a Red de periodistas Rurales, e Tokikom, a rede vasca de medios de proximidade.

Deu a benvida, o presidente da APCP, Francesc Fabregas, deixando claro que a intención é afrontar conxuntamente o futuro da prensa local e comarcal, un sector fundamental para construir comunidades mellor informadas. Deixou sobre a mesa varios dos desafíos que afrontan os nosos medios nestes tempos de cambio pola disrupción da IA, como a desinformación ou a sustenabilidade, temáticas que se foron tratando durante a xornada. 

AMEGA no Dia da Premsa Comarcal

De Google ás redes

As ponencia da mañá contaron con varios expertos de empresas como Google ou Comscore. Luís Collado, do xigante tecnolóxico ofreceu unha charla con bastante xeneralidades, deixando clara que “a IA non é o fin do mundo”, pero que o sector ten que adaptarse.

Invitou a deixar de contabilizar as audiencias en cantidade e comezar a facelo na calidade, destacando a potencialidade das comunidades creadas arredor dun medio. Nese sentido puxo un dato importante: se os medios xeneralistas teñen unha confianza moi baixa, os medios locais teñen unha confianza maior, dun 58%, unha tendencia cada máis forte dende a pandemia. Con todo, invitou aos medios a fomentar á creación de información en formato audiovisual.

Á pregunta dende a AMEGA sobre as dificultades das linguas minorizadas na indexación, Collado apenas puido excusarse en que Google traballa con 450 idiomas e que “estamos en proceso”. Animou a xerar “máis contidos no idiom hai en Internet, porque cantos máis contidos nesa lingua será máis doado que Google lle dea visibilidade”.

AMEGA no Dia da Premsa Comarcal 2
Julia Sizova e Pepe Cerezo

De redes sociais e IA falaron Julia Sizova, directiva de Comscore, experta en medición dixital, e Pepe Cerezo, “gurú” en transformación dixital. consultor do thinkthank Digital Journey e Evoca Media. 

Cerezo fixo un repaso á situación global do sector en relación coa disrupción da IA e o xeito que poden os medios de proximidade diferenciarse para afianzar a súa sostenibilidade. 

Julia Sizova ofreceu datos do consumo da rede na sociedade actual, sinalando que en España temos unha penetración das redes do 94,1% da poboación, e que estamos unha media de 2 horas e 30 minutos online, estando 1h9’ en youtube e 43 minutos en redes sociais, afondando na posibilidade de diversificar os nosos contidos e formatos para chegar a máis usuarios. 

Verificadores de desinformación

AMEGA no Dia da Premsa Comarcal 3
Montserrat Rigall

Pola tarde, tomou o relevo Montserrat Rigall, responsable de verificación de RVTE loitando contra a desinformación.

Rigall deixou patente a importancia desevolver o pensamento crítico, o verdadeiramente insustituible pola IA, para loitar contra a desinformación, a segunda preocupación das nosas sociedades.

Con todo, Rigall quixo deixar patente a realidade de que a IA Xenerativa, xa autónoma, xa está aquí, e hai que utilzala para mellorar os procesos, explicando como lle serviu creando unha ferramenta ad hoc para descrifrar as mensaxes escritos en árabe dixital no proceso de investigación na análise da información xerada nas plataformas de mensaxería (whastapp, o telegram) na crise de Ceuta. 

Ofreceu diversidade de ferramentas para descifrar a realidade da desinformación como Maldita, Newtral, Verificat… (empresas privadas) ou VerificaRTVE, de titularidade pública. Apuntou que está en desenvolvendo a ferramenta Iveres, que busca axudar a detectar bulos, ou elementos de suplantación da identidade como “voice hacking”, recoñecendo ademais a dificultade para borrar a “pegada dixital”

A realidade da prensa local

A sesión rematou cunha mesa redonda chea de realidade,  con participacións das Asociacións de prensa local do estado. Moderada por Enric Marin, participaron representantes das entidades participantes.

Marín quixo poñer de contexto que a desinformación é combustible para as políticas autoritarias, e que triunfa moito máis nos desertos informativos, as zonas que non teñen medios de referencia. E aí os medios de proximidade son claves nesta loita. Pero tamén apuntou ás administracións, sen as cales a comunicacion de proximidade non é sostible sen as súas axudas.

Tamara Novoa da AMEGA no Dia da Premsa Comarcal
Tamara Novoa da AMEGA no Dia da Premsa Comarcal

Precisamente os medios comezaron falando de sostibilidade. Tamara Novoa (A Movida Vigo), a nosa representante falou da difícil sostenibilidade dos pequenos medios galegos, das dificultades lingüísticas de indexación en Google, da falta de financiamento público; ou a problemática para optar ás axencias de métricas.

Jose Rojas de Tokikom falou do pasoque viviron as cabceceiras esukaldunas do terceiro sector á ceración dunha cultura de empresa.

Pola súa banda, dende Valencia, reflexionaron sobre o estress mediático vivido na catástrofe da dana, que foi unha demostración da nosa necesidade social, apuntando ademais que a colaboración entre medios ten servizo ten axudado para cambiar a competición nunha mellora económica e reputación.

Dende Menorca, puxeron o exemplo dunha revista mensual en papel con 36 anos de vida, que sobreviven con 3000 suscriptores e venda directa, atopándose, como as compañeiras da Associació de la Premsa Comarcal Valeciana, coa problemática de onde vender os seus produtos cando non quedan quioscos. En todo caso, dende Asoc. Prensa Comarcal Cataluña, recoñeceron moitos están volver a refuxiarse no papel, ante a falta de produtivida da publiciade dixital, unha vez que a sociedade ten asumido, erroneamente, que a información é gratuíta.

Falouse moito das axudas das nosas administracións, pero a realidade é moi distinta en cada comunidade, sendo a galega, con moita diferencia, a que menos axuda na promoción lingüstica nos medios. “O sector dos medios de proximidade é un sector estratéxico dende o punto de vista lingüstico, democrático e de identidade colectiva”, sinalou Enric Marin sobre o obrigatorio financiamento público das empresas privadas

Sobre as novas estratexias para chegar a novos públicos e mellorar a sostibilidade, Tamara explicou que A Movida compaxina o dixital coa revista de papel, destacando que o papel serve para identificar a marca. Deu conta do complicado que é conseguir publicidade unha vez que o traballo comercial é agotador, e afronta o desafío neste 2026 a suscrición, ofrecendo entradas para concertos, lotes de produtos, promocións, eventos exclusivos con suscritores.

AMEGA no Dia da Premsa Comarcal 5
Participaron no evento (de esquerda á dereita): Ubaldo Cerqueiro de Quepasanacosta e o Xornal da Coruña; Xosé Xosé María Fernández Pazos e Óscar Louzán de O Barbanza e Código Cero, Fernando De Paz de Tempos Novos; Pablo García, xerente de AMEGA, Sara Varcalcel da Revista Grial de Galaxia; Ismael Reboredo e Laura Moure de Ecos da Comarca; Henrique Sanfiz de Radiofusión e Iván Iglesias de Ouké

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *