O sábado 20 celebramos o Día dos Medios en Galego cun #LateNight

Como para nós, todos os días son o #DíadosMediosenGalego, estendemos a celebración dende o 7 de febreiro ata o 20 de marzo. Será o día na que, por fin, trala apertura das restricións sanitarias, celebraremos a data que nos serve de nexo de unión entre os 140 medios que comunicamos na nosa lingua.

Será cun formato #LateNight, presentado por Fede Pérez Rei, que se emitirá en directo ás 18:00h, dende a Casa de Rosalía de Padrón, polas nosas canles de Youtube, Facebook e Twitch.

Falaremos sobre lingua, cultura, creación… e falaremos coa propia #LinguaGalega en exclusiva para a AMEGA.

O evento conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, ademais do apoio da Casa Rosalía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará